Isabel Rodríguez explicou que as obras retomáronse esta semana unha vez autorizada a súa continuación polo director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude.Os traballos de edificación do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Viveiro estiveron parados temporalmente, desde o 13 de febreiro ata o día 7 de maio. Nun primeiro momento, a obra interrumpiuse para facer un pequena modificación no proxecto e, unha vez autorizada, non foi posible retomala ata esta semana debido á declaración do Estado de Alarma o pasado 14 de marzo.
A continuación das obras foi autorizada logo dunha xuntanza telemática que mantiveron o pasado día 6 responsables da Seguridade Social, da dirección da obra e a empresa construtora. Previamente a empresa presentou un anexo ao plan de seguridade coas medidas de seguridade e hixiene que se comprometeu a adoptar dada a situación de alerta sanitaria motivada polo epidemia do COVID-19.
MELLORAR O SERVIZO A 12.000 CIDADÁNS
O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social está a construir este novo Centro da Seguridade Social, no que inviste 844.000 euros, para mellorar o servizo que dá a toda a Mariña Oriental. Anualmente, as oficinas da Seguridade Social de Viveiro atenden a 12.000 cidadáns.
A creación deste equipamento, ademais de mellorar a atención aos cidadáns, permitirá liberar espazos que poderán ser utilizados polo Instituto Social da Mariña de Celeiro así como polos servizos sociais da Xunta.
A execución da obra foi adxudicada á empresa de Foz Construcciones Jesús Naray.
EDIFICIO DE UNHA PLANTA
O novo Centro da Seguridade Social de Viveiro será un edificio rectangular, de aproximadamente 33×14 metros, e con unha única planta. A superficie construída será de 404 m2 e a útil de 368m2, dos que 294 destinaranse a área administrativa, que incluirá zona de atención aos cidadáns e de espera, zona de autoxestión informática a disposición dos cidadáns, vestíbulo, sala de reunión, etc. Os 74 m2 restantes resérvanse para aseos, arquivo, almacén e área técnica.
O proxecto prevé a construción dun inmoble exento, acristalado e diáfano na zona administrativa, con unha pastilla opaca na parte traseira, na que se ubican os locais técnicos e de servizo. Na parte posterior crearase unha zona de aparcamento con capacidade para 11 automóbiles, 1 praza reservada para discapacitados e área para o estacionamento de motocicletas e bicicletas.
Este equipamento levántarase nunha parcela propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, a carón do edificio de Correos e fronte á zona portuaria. Trátase dun solar dotacional do Plan Parcial Lodeiro-Lavandeiras que ten unha superficie de 1.490 m2.