Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo día de mercado en San Cibrao

Celebrouse como o pasado xoves na Praza dos Campos, respectando a distancia e as medidas de seguridade. Instaláronse 14 postos da rama agroalimentaria, os únicos autorizados polo momento dada a situación excepcional que vivimos. Tal e como explican, de xeito provisional, volveuse habilitar unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado. Na entrada, o Concello facilitou solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomendou ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.

Exit mobile version