Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Foz agradece á Subdelegación do Goberno a execución das obras de mellora dos accesos á praia de Arealonga, que estarán listas para este verán, e o seu compromiso con este Concello

 Foz, 22 de maio de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca o compromiso da Subdelegación do Goberno e do departamento de Costas do Estado na execución das obras de mellora dos accesos á praia de Arealonga, actuación que está moi avanzada.
O rexedor municipal agradece “a implicación da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e do Departamento de Costas porque, de forma moi dilixente, están procedendo á reparación do acceso á praia de Arealonga polo lado de Nois, que quedara inhabilitado por mor da caída da escollera a principios deste mes de marzo e xa se está a arranxar. Tras varias conversas conseguimos axilizar a obra, o que nos vai garantir que este verán, por primeira vez en case 3 anos, vamos ter os dous accesos á praia de Arealonga, tanto polo lado de Nois como polo de Fazouro, habilitados”.
Fran Cajoto engade que “é unha praia emblemática e que dá servizo a veciñas e veciños de dúas parroquias, Nois e Fazouro. O ano pasado o Partido Popular de Foz criticaba que non era posible facer unha escaleira de formigón completa ata praia na marxe de Fazouro. Tras manter conversas con Costas e cos departamentos competentes da Xunta de Galicia, visitando en situ a zona e modificando o proxecto inicial, o que mostra a realidade é que agora mesmo xa hai unha escaleira de formigón, na que unicamente resta colocar as varandas, que se poderá utilizar non só en tempo de verán senón durante todo o ano. As cousas ben feitas, pensadas e coordinadas, saen ben. Polo tanto só teño que dar mostras de agradecemento”.

Exit mobile version