Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG consigue sacar adiante a súa proposta para que o Concello de O Valadouro estableza unha liña de axudas anual ao pago da factura da luz ás familias

 O Valadouro, 22 de maio 2020. No pleno telemático celebrado no día de ontes polo Concello de O Valadouro, o BNG conseguíu que saira adiante a súa proposta de que as familias do Valadouro sexan beneficiarias tamén de axudas para o pago do recibo da luz, como venen facendo desde hai anos outros concellos nacionalistas, coma o veciño concello de Muras.
Desde o BNG levan traballando nesta iniciativa xa nos últimos dous anos, con charlas informativas coa veciñanza sobre este tema concreto, sendo moi ben acollida a iniciativa, e informando tamén sobre a necesidade dunha tarifa eléctrica galega.
100.000€ neste exercicio
A iniciativa defendida polo portavoz Eduardo Chao, resultou aprobada por maioría, no debate do suplemento de crédito que presentaba a alcaldía, conseguindo que se dotase con 100.000€ para o presente exercicio a partida 231-48 – Axudas destinadas a familias.

As familias do Valadouro poderán beneficiarse da enerxía producida polos 120 xeradores instalados no término municipal
Os nacionalistas formularon esta proposta tendo en conta por unha banda o excesivo prezo do recibo da luz que na última década subíu case o 80% para os consumidores finais, sobre todo desde a implantación no Estado do criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ao tratar por igual aos consumidores dos distintos territorios sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía, como é o caso de O Valadouro, que tén implantados no seu territorio 120 xeradores eólicos, e polos que percibe uns determinados ingresos, que según Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro deberan ser mais elevados, a través do Fondo de Compensación Ambiental, sendo o cuarto concello de Galiza en número de aeroxeradores implantados.
Por outra banda, afirmaron tamén os concelleiros do BNG que “nun concello coma o noso, con baixas rentas, poboación envellecida e pensións baixas, entendemos que é obriga do concello mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, evitando que exista pobreza enerxética nos seus fogares. A riqueza que xera o noso concello co vento, debe repercutir de maneira directa nas persoas que viven neste territorio, ademais de compensar o impacto ambiental,: paisaxístico e acústico”.
Agora só queda elaborar as correspondentes bases para regular estas axudas e proceder a realizar a convocatoria desde o concello.

Outra emenda aprobada: 36.000€ para o Camiño da Pena, un vial que dá servizo e comunica aos concellos de O Valadouro e Alfoz

O pleno tamén aprobou outra proposta do BNG que consistía em destinar 36.000€ ao arranxo e adecuación do Camiño da Pena, unha demanda veciñal constante e que ata o de agora non fora atendida. Detraeríanse estes cartos doutras partidas indeterminadas de infraestruturas que normalmente viñan sendo utilizadas arbitrariamente pola alcaldía.
Esta proposta contou tamén co apoio dos outros grupos da oposición.

Exit mobile version