Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo,a través da delegación de Cultura, propón a través das redes sociais o concurso “As letras riquiñas” para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas

 Cada persoa participante terá que elixir unha verba en galego e plasmala en calquera superficie dun xeito orixinal e especial. ;sacarlle unha foto á palabra e enviala ao correo cervocultura@gmail.com; antes do domingo. O 17 de maio, anunciarase a través das redes a obra gañadora e compartirase un collage con todas as fotografías participantes. Desde esta semana o programa #cervoquedanacasa pasa a ser unha proposta semanal que se anunciará cada luns e os/as gañadores/as daranse a coñecer os domingos.

Exit mobile version