Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo reparte entre os negocios locais carteis coas medidas de protección e hixiene fronte ao Covid-19

 Ribadeo, 28 de maio de 2020. A Concellaría de Comercio presentou hoxe o material informativo que reparte entre os negocios locais coas medidas de hixiene e protección que deben ter en conta tanto eles como a súa clientela para loitar contra o Covid-19. A Policía Local encargarase da distribución destes carteis.
O edil Pablo Vizoso declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos informando aos establecementos comerciais e ás actividades do municipio das medidas máis importantes e máis efectivas para vencer ao coronavirus”.
O concelleiro de Comercio e Turismo explicou que “se trata nesta ocasión duns carteis informativos, co lema Estamos co comercio local, para que todos, comerciantes, hostaleiros, clientes e usuarios, sigan tendo presentes todas estas medidas como son o uso das mascarillas, o distanciamento de dous metros, respectar o aforo, evitar tocar os produtos e, probablemente o máis importante, a hixiene de mans. Por este motivo hoxe entregóuselle á Policía Local este material gráfico para que proceda ao seu reparto nos establecementos de Ribadeo”.

Exit mobile version