Dende o concello falouse coa organización da Mostra Folclórica e tamén consideran que este ano, tendo en conta a situación a nivel nacional e internacional derivada da pandemia, non se podía celebrar.
Con respecto ás demais festas que non son organizadas polo concello, que requiren da autorización municipal, valorarase a situación nese momento e no caso de considerar que existe algún perigo para a saúde pública dos nosos veciños e veciñas, loxicamente non se poderán celebrar.
O concello tomou esta determinación tendo en conta a situación actual e as características propias dos eventos referidos, por responsabilidade e priorizando a seguridade e a saúde pública por riba de calquera outra cuestión, tendo en conta que non se pode garantir o cumprimento das recomendacións sanitarias e de hixiene, a distancia de seguridade establecida para combatir a propagación do virus ou as limitacións de aforo.
Estase traballando en alternativas, pero sempre dentro das posibilidades, dependendo das medidas que estableza o goberno e segundo se vai pasando de fase e atendendo á evolución da pandemia.
“Neste momento consideramos que o máis importante é continuar avanzando nas fases da desescalada e ir recuperando paulatinamente tanto a nosa vida cotiá como a actividade económica, buscando alternativas que poidan adaptarse ás circunstancias actuais, sen esquecer que continúa sendo prioritario minimizar o risco de contaxios, extremar as precaucións e cumprir de maneira exhaustiva as medidas establecidas p