Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro comezou a instalación nas dependencias municipais de barreiras de protección entre os traballadores e os usuarios, tras a aprobación do Protocolo de reincorporación presencial aos postos de traballo

Xa están colocadas mamparas de metracrilato nalgunhas das oficinas con atención ao público do concello, estanse instalando nas demais oficinas con atención ao público, realizando as medicións oportunas para a prepararación e instalación deste tipo de elementos nos demais centros de traballo, como no caso da Biblioteca Municipal, Conservatorio ou Centro de Servizos Sociais. Con estas medidas, o Concello prepara as súas instalacións para que a reincorporación presencial ao traballo se poida realizar con todas as garantías e seguridade, tanto para os propios traballadores como para os veciños e veciñas que acudan aos mesmos.

Exit mobile version