O alcalde focense, Fran Cajoto, anunciou que “este martes haberá o mercado tradicional de Foz xa con todos os postos que había antes da crise sanitaria e que vendía roupa, calzado, … Pero nese sentido quero recordar que non se poden manipular os produtos pois deben ser os propios vendedores, cos seus equipos de protección individual, os que nos acheguen esas prendas ou ese calzado. E temos que ter todas as precaucións necesarias: gardar sempre a distancia mínima de seguridade de 2 metros con outros posibles clientes, non achegarnos ao mostrador do posto ata que non nos toque a nosa quenda. Desde o Concello vamos continuar dispoñendo esa caseta con xel e con mascarillas para os que non leven ese material”
O rexedor municipal engade que “pouquiño a pouco vamos volvendo á normalidade, pero sempre sen descoidar as medidas sanitarias para que non haxa un rebrote e volvamos a unha situación anterior, que ninguén desexa”.