Así, as asociacións de alfombristas de Galicia, integradas na FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE ALFOMBRISTAS DE ARTE EFÉMERA DE GALICIA (FAGAARTE) participaron nese proxecto, que en galego se titula “MOMENTO DE SOLIDARIDADE”, coa participación de un total de 20 alfombristas de toda Galicia, 100 en todo o mundo.
Este proxecto é único e innovador no ámbito alfombrista e foi pensado e creado pola Comisión de Proxectos da Coordinadora Internacional, especialmente para a campaña do confinamento “QUEDA NA CASA”. Cada alfombrista elaborou unha alfombra para expresar na súa arte os sentimentos que desexa compartir co colectivo e coa sociedade.
Este proxecto vai dedicado a todas as persoas que fan traballos esenciais en favor da comunidade, ás familias que perderon un ser querido durante esta pandemia, aos enfermos, aos anciáns que se senten sos nas súas casas e aos alfombristas do mundo.
Baixo o lema “DENDE LONXE, UNIDOS NO CORAZON”, as nosas alfombras expresan a proximidade e o abrazo solidario que compartimos e mandamos ao mundo.
Con todos os traballos, a Coordinadora Internacional elaborou un emotivo vídeo que se pode visualizar na seguinte ligazón do facebook:
https://www.facebook.com/alfombrasinternacionalesdearteefimero/videos/606262623313966/