Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas federados poden adestrar xa no Campo da Vía de Ribadeo

 Ribadeo, 11 de maio de 2020. O Concello abriu o Campo da Vía para que poidan adestrar os atletas federados. Farano en quendas cada 45 minutos. A Delegación de Deportes coordina estes adestramentos co club de atletismo local. Tamén poderán adestrar os deportistas federados de remo, surf e piragüismo, que terán que facer uso da Casa das Algas unicamente para recoller o seu material, e despois procederán á súa desinfección para volver gardalo.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou que “imos abrir unha instalación ao aire libre, onde está o campo da vía para que os atletas empecen a practicar o deporte. Simplemente van ser os federados, por quendas. Xa se falou con este club e xa se deron as normas. Van ser quendas de corenta e cinco minutos, con cita previa. O día anterior vaise colgar o cadro coas persoas que van ir, respectando sempre as normativas de protección de datos”.
Díaz Freije contou que “outras disciplinas que adestrarán tamén a partires de agora serán o remo, o surf e o piragüismo, que farán uso da Casa das Algas. Estes levan outro tipo de protocolos, haberá uns responsables que autorizarán a entrada e saída do material que ten que volver á zona desinfectada e volver facer os protocolos sanitarios”.
O edil ribadense pediu que “sexamos o máis rigorosos posibles, que non nos saltemos ningunha destas normas que son vitais. Esperemos que isto vaia todo ben e que poidamos en tempo e forma pasar á fase 2. Penso que vai ser así. A xente estase comportando ben e creo que debemos seguir nesa liña”.

Exit mobile version