O 31 de marzo, cando a situación sanitaria en España era máis que preocupante, a Xunta de Galicia prohibiu con total previsión a celebración deste tipo de comercialización en toda a comunidade, e fíxoo cunha Orde pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da Emerxencia Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de vexetais para a plantación de hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos de realización de actividades agrarias.
O goberno de Galicia, no marco da súa estratexia de paliar as consecuencias socioeconómicas do coronavirus, ten xa formulado consultas ao central para poder reabrir os mercados ao aire libre. O seu peche provocou que agricultores e gandeiros, que se dedican á venda directa, padecesen os efectos negativos da pandemia; xa que, en moitos casos, a venta directa nestas canles comerciais é a súa única vía de ingresos.
Ademais, é necesario ter en conta que estes profesionais continuaron incorrendo en gastos, a pesares de non poder efectuar a súa actividade, xa que nin os animais, nin as colleitas entenden de crises e seguen precisando alimento, rego e, en definitiva, coidados que implican tantos recursos económicos, materiais e humanos.
Por todo elo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela instarán ao Goberno a que explique que previsións manexa para que as perdas deste colectivo non sexan tan elevadas e que medidas contempla para reactivar a súa economía.