Fala na súa nota O Vencello que o Concello de Burela non ten feito ningunha medida de apoio a veciños, autónomos e comerciantes. Pois ben, imos a pasar a explicarlle algún exemplo do que o Concello de Burela leva feito durante esta crise: Reparto de mascarillas a todos os menores deste pobo (con axuda de moit@s voluntarias que se implicaron nesta labor), conseguir que aqueles nen@s que non tiñan a posibilidade de ter unha conexión a internet para facer as súas tarefas puideran tela (cousa que debera de ter feito a Xunta de Galicia), repartir as fotocopias das tarefas a aqueles nen@s que non dispoñían de impresora na casa (outra labor do que a Xunta de Galicia tendo as competencias desatendeu), campaña de promoción do comercio local (a petición de ACIA Burela), elaboración dunhas bases de axudas para os autónomos e empresas para conceder axudas a aqueles negocios e empresas que se viron obrigados a pechar, reparto de alimentos e medicamentos a domicilio a todos aqueles veciños que o solicitaron, etc, etc, etc.
Podemos dicir, sin medo a equivocarnos, que o goberno estivo á altura da situación atendendo os veciños, incluso naqueles casos en que a competencia non era directa do Concello e que tiveron que asumir ante o abandono por parte de outras administracións. O equipo de goberno leva mantendo reunións semanais coa Asociación de Comerciantes (ACIA), que é a máis afectada por esta situación, e nesas reunións se lle explican puntualmente de todo o que o equipo de goberno vai facendo durante a crise e recóllense as suxestións que dende esta asociación nos transmiten.
Chama a atención tamén que O Vencello, trate de sumarse á campaña do PP (incluso acompañando ó voceiro do PP para tentar revolucionar ós comerciantes do mercado) para tentar que Burela se quedara sin mercado podendo celebralo segundo indicaba tanto o goberno central como o autonómico. O equipo de goberno o único que fixo foi dar a posibilidade de que o mercado de Burela puidera celebrarse, xa que, os técnicos municipais desaconsellaban poder celebrar o mercado onde se viña facendo por motivos de seguridade, e buscouse a mellor alternativa para que o mercado se puidera celebrar. Non buscar esa alternativa supoñía automaticamente que o mercado non se puidera celebrar. Busca O Vencello que non se celebre o mercado en Burela??? É eso mirar polo ben do pobo??? Temos que aplaudir a determinación do equipo de goberno para buscar esa alternativa, para que o mercado semanal se puidera celebrar e os comerciantes que xa levaban moitas semanas sin poder facer negocio no mercado, por fin puideran facelo. Por certo no día de hoxe fíxose novamente o mercado cunha moi boa afluencia de xente e con moitos postos que non puideron vir porque polas limitacións de seguridade, e que están á espera e desexosos de poder vir ó mercado de Burela. A totalidade de postos dispoñibles estaban cubertos.
Acórdanse tamén agora dende O Vencello da situación na que se atopa a unidade de actuación de Torrentes, benvidos á realidade, porque este equipo de goberno, e en particular o seu alcalde, leva moito tempo traballando para intentar solucionar a papeleta que se deixou a este goberno no tema Torrentes. Unha pena que ninguén se acordara cando a bombo e platillo nun acto lamentable e totalmente politizado se lle entregou unha documentación ós veciños afectados dicíndolles que eran os títulos de propiedade, cando realmente todo canto se lles deu non lles outorgaba ningún dereito de propiedade, e non lles valeu para nada máis que para participar indirectamente na campaña electoral do PP de Burela que os enganou. Unha pena que daquela a O Vencello non se tivera pronunciado sobre isto, e se acorde agora de Torrentes, vaia casualidade.
Tamén falan na súa nota do recen adxudicado contrato do lixo. Acaso a asociación de veciños non quere os mellores servizos posibles para os seus veciños??? Ou acaso quere facerse cargo da economía do Concello??? Non cremos que sexa bo que queiran atribuírse cousas que non lle corresponden como asociación de veciños. O que si que lle garantimos é que o servizo de recollida de lixo, punto limpo, limpeza viaria e praias vai mellorar, que eso é realmente o que lles debería de importar, que os servizos que se lle dan ós veciños de Burela sexan os mellores. OU NON???
Fala tamén dunha serie de ordenanzas que se deben modificar ou facer, podemos estar de acordo en que é preciso facer una marco que regule certas situacións, e xa se está a traballar niso. Pero tamén se debe recordar que esta non é unha situación nova, que xa ven de moi atrás. Incluso algunha delas que tachan de “abusivas” non foron aprobadas, nin modificadas en ningún momento por este equipo de goberno. Puidera dar a impresión que esas taxas que levan tanto tempo vixentes foran tamén culpa deste goberno, outra vez chegan “interesadamente” tarde con estas reclamacións. Pero repetimos, son taxas que este goberno nin aprobou nin modificou, é mais que están conxeladas dende que ese equipo de goberno se fixo cargo do Concello aló polo 2015.
En definitiva, entendemos que a labor dunha asociación de veciños que realmente mire polos intereses dos veciños (de todos), NON É, baixo ningún concepto intentar facer labor de oposición política, para eso xa temos os partidos políticos. Si alguén quere dedicarse á política o que debe de facer é presentarse a unhas eleccións, aí é onde realmente se ve a lexitimidade que os veciños lle dan a cada quen para a toma de decisións. E neste caso, a lexitimidade foi repartida aínda non fai moito e é a que é, lle guste O Vencello ou a calquera, máis ou menos.
A asociación de veciños debe de tentar mirar polo ben dos veciños, ter unha boa relación con todos os grupos políticos e evitar ataques gratuítos que o único que fan é desacreditala ante os veciños que di defender. Non vaia a ser que pase á historia como unha asociación que o único que fixo foi ser o ariete político do Partido Popular na súa labor de oposición ó goberno.