Patricia Otero dixo que “con este investimento en infraestruturas, o Goberno de Pedro Sánchez reactiva a economía, o emprego e a licitación de obra de pública galega. Concretamente na provincia de Lugo as actuacións supoñen unha achega económica de 117,6 millóns de euros”.
Obras importantísimas para o mapa das infraestruturas en Lugo
Ademais hai que sinalar que todas estas melloras viarias son actuacións importantísimas para o mapa das infraestruturas galegas. “Mentres o PP e Feijoo se esconden, o Goberno do PSOE impulsa obras e melloras nas nosas dotación públicas nun momento clave da economía actual. Agora máis que nunca Lugo e Galicia precisan de investimentos para xerar emprego e riqueza, e o Goberno de Pedro sánchez e o Ministerio de Fomento esta respondendo a estas demandas”, resumiu.
Actuacións na provincia de Lugo con 117, 6 millóns de euros
-A-54. Autovía Lugo-Santiago. Tramo Palas de Rei-Melide. Provincias de Lugo e A Coruña.Orzamento: 70,9 millóns.
-A-56. Autovía Lugo-Ourense. Tramo A Barrela- San Martiño. Provincias de Lugo e Ourense. Orzamento: 39 millóns.
-Reparación dos pasos superiores da N-642 en Foz (Lugo). Orzamento: 0,5 millóns de euros.
-Reparación N-642. Tramo: Barreiros- San Cibrao. Términos municipais de Barreiros Foz, Burela e Cervo (Lugo). Orzamento: 2 millóns de euros.
-Reparación do firme en varias estradas. Provincia de Lugo. Orzamento: 2,2 millóns de euros.
-Reparación de 16 obras de drenaxe transversal na N-VI (7), A-6 (1) e N-120 (8). Provincias de Lugo e León. Orzamento: 3 millóns de euros.