“No día de onte, realizabamos dúas preguntas ao Sr. Suárez. Eran concretas: por que o camión motobomba non puido acudirá parroquia da Pastoriza e non se solicitan as brigadas. As respostas que deu son de mal pagador. Pero é moi sinxelo, o camión non acudiu porque está sen arranxar dende hai meses e hai que instalarlle unha bomba, e se non que lle pregunte a algún coordinador do seu equipo e verá como acertamos no que dicimos”, destaca o voceiro do PP.
O PP defende a colaboración institucional
Con respecto ás brigadas da Xunta, sinala Vega, non a pide “porque non quere”. “A Xunta ofrécellas todo o ano, pero como son do Goberno de Feijóo non vaia a ser que leve el os méritos… A Xunta é unha administración máis como son a Deputación e o Goberno, e todo é necesario. Por tanto, ante a desidia, esiximos respostas á preguntas e, sobre todo, e colaboración institucional”. Daniel Vega incide nesta cuestión porque ata o lugar do incendio se desprazaron medios materiais e humanos da administración autonómica e incluso doutros concellos. “Nós somos colaboradores de Ribadeo e o que importa e nos importa é traer orzamento para que se beneficie toda a poboación”, conclúe.