Houbo tempos nos que as persoas adicadas a escudriñar nas antigüidades foron incomprendidas ou mesmo perseguidas… Co paso dos séculos, a estas persoas déronlle un nome….: ¡¡arqueólogos!!…E ata se crearon estudos universitarios para esta actividade, nos que destacou o protagonista do próximo “videofaladoiro de Nordés”.
O dito anteriormente serve para introducir a ese profesional e compañeiro que para Nordés é un pracer ter nos videofaladoiros. Figura senlleira no estudo das Idades dos Metais, o cariñés Xosé-Lois Armada é un arqueólogo que está a facer moito pola recuperación e posta en valor do patrimonio inmemorial das bisbarras do Ortegal, A Mariña, a Península Ibérica en xeral e, incluso, alén dos Pirineos.
Nesta ocasión o noso convidado falaranos dun machado da Idade do Bronce que foi atopado por Federico Maciñeira no 1906 no lugar de Morgallón (Negradas – O Vicedo) nunhas circunstancias que non imos adiantar, pois sería facer un “spoiler” segundo a terminoloxía actual, ou “foder o conto” segundo a tradicional.
Como ata agora, temos dúas opcións para escoitar a Lois: presenza virtual en directo empregando a plataforma “Jitsi Meet” tendo a oportunidade de plantexar cuestións ao rematar o seu faladoiro. É preciso apuntarse antes do venres 8 de maio ás 14:00h. Cunha chamada/mensaxe (Telegram) ao 620417848 (Luis), dende aquí xestionaremos o envío do link preciso para entrar na sala da videoconferencia o sábado 9 de maio.
A través da canle de Youtube de Nordés, con emisión en directo e en diferido no seguinte link: https://youtu.be/OlgcW9g8aBg
Ademáis, o venres 8 de maio ás 19:00h. faremos unha proba de conexión co obxectivo de correxir por adiantado erros de funcionamento no “Jitsi Meet”.