Site icon Crónica3.com A Mariña

8º videofaladoiro de Nordés este sábado: “A custodia do territorio en Galicia. Oportunidades para o Ortegal”

 O Vicedo, 16 de xuño, 2020. O sábado 20 de xuño, ás 20:00h. nos Videofaladoiros de Nordés “A custodia do territorio en Galicia. Oportunidades para o Ortegal” da man da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) con Roberto Hermida, doutor en Bioloxía, e/ou Óscar Rivas, Licenciado en Veterinaria.

A custodia do territorio serve como ferramenta participativa para a conservación que busca a implicación dos propietarios e xestores do territorio na conservación dos seus valores naturais. Dende a AGCT amosaránnos algún exemplos de custodia do territorio desenvolvidos en Galicia e tamén explorarán as posibilidades desta ferramenta no Ortegal.

Para achegarvos a este Videofaladoiro de Nordés coa Asociación Galega para a Custodia do Territorio hai dúas opcións:

A primeira, a través do Jitsi Meet onde é posible interactuar directamente cos colaboradores e o resto de persoas participantes. Previa anotación en asociacion.nordes@gmail.com ou no 653756454 (Ricardo). Recibiredes un enlace para participar na charla do sábado 20 de xuño. O venres 19, ás 19:30h. faremos unha proba de conexión no Jitsi Meet para resolver posibles problemas de uso, dúbidas

A segunda opción é a través da nosa canle de Youtube, en directo ou diferido: https://youtu.be/okHii3WpLuQ

Exit mobile version