Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no concello de Ourol

Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de 90 metros de lonxitude, que coincide co percorrido polo lugar da Anxeriz, na parroquia de Xerdiz. As principais tarefas consisten na retirada de árbores e de madeira morta na canle do río. Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte. A Xunta mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Exit mobile version