Site icon Crónica3.com A Mariña

A Marea Galeguista urxe a actuación inmediata do Estado e da Xunta de Galicia en Alcoa para salvar á comarca da Mariña

 A Mariña, 7 de xuño de 2020. O covoceiro de En Marea e membro da candidatura da Marea Galeguista, Pancho Casal, xunto co Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Piñeiro Docampo, e outros membros da candidatura da Marea Galeguista; acompañaron hoxe aos traballadores de Alcoa na multitudinaria manifestación convocada polo Comité de Empresa en Viveiro.
“É tempo de actuar”, sinalou Casal. Para a Marea Galeguista é “imprescindible que o Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia actúen de maneira inmediata”. “¿A solución? Non hai que inventar nada, pois toda xente o está reclamando todos os días: o Estado ten que intervir xa xunto coa Xunta e captar outro tipo de inversores”, apuntan desde a coalición galeguista. “Como pode ser que levemos un ano cun borrador de Estatuto coas aportacións que fixeron os traballadores e traballadoras e non hai maneira de que o consigan aprobar?”, denunciou Casal.
Para a Marea Galeguista, o Estatuto que neste momento formula o Goberno central é “absolutamente inasumible”. Nese mesmo sentido se pronunciou Piñeiro Docampo, quen tamén apuntou que “estamos diante dunha factoría onde a media de idade dos traballadores é de 30 ou 35 anos a inacción do goberno central e o milagre hipócrita que pretende Feijóo se gaña as eleccións, o que fai é poñer aos pés dos cabalos á xente nova desta comarca”.
Urxen unha “resposta inmediata”, pois “o futuro de toda unha comarca depende do Goberno e da Xunta”. Para Javier Arca, traballador de Alcoa e membro da candidatura da Marea Galeguista, “só hai un prazo de tres semanas segundo afirmou a propia empresa na súa primeira xuntanza co Comité de Empresa”, polo que “a vida de ata miles familias dependen de vontade política dos goberno da Xunta e do Estado e estamos fartos de promesas incumpridas”.

Exit mobile version