A Plataforma Sanitaria e CIG A Mariña apoian aos traballadores de Alcoa e auxilires e as súas mobilizacións
redac
A Mariña, 18 de xuño de 2020. Tralo anuncio de que Alcoa ten intención de iniciar o próximo 25 de xuño un proceso formal de consultas para un expediente de regulación de emprego (ERE), que afecta a 534 empregos da planta de aluminio de San Cibrao , e á perda de polo menos 400 empregos das empresas auxiliares, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e CIG A Mariña queren amosar o seu total apoio ás e aos traballadores da factoría e das empresas auxiliares afectadas así como ás súas familias. A decisión da empresa de botar á rúa a preto de 1000 traballador@s supón unha fenda brutal para o desenvolvemento económico, industrial e de emprego da comarca e obrigará a gran parte da poboación a marchar fora en busca de oportunidades laborais. Desde este colectivo apoiamos e sumámonos ás mobilizacións en defensa dos empregos e do desenvolvemento industrial da comarca.
O colectivo sanitario apoiará e participará ,do mesmo xeito, na manifestación que o vindeiro luns 22 de xuño sairá desde o Hospital da Mariña ás oito da tarde , baixo o lema “ Queremos futuro para a Mariña”.Animamos a todas as veciñas e veciños da comarca a que acudan de forma masiva a esta convocatoria , pois sólo coa loita seremos quen de frear esta sangría económica, laboral e sociodemográfica que nos asola.