Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríquez, felicitou á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, pola súa implicación na defensa das vítimas da violencia de xénero

Fíxoo ao sumar a Policía Local ao labor que desenvolven as Forzas de Seguridade do Estado na protección das vítimas. Así se establece nun convenio que veñen de asinar o Secretario de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, Rafael Pérez Ruiz, e a alcaldesa, María Loureiro. “Alégrome moito de que o Concello de Viveiro se implique desta maneira na protección das vítimas, porque a loita contra na violencia de xénero é un deber de toda a sociedade e, polo tanto, incumbe a todas as administración e a todas as forzas de seguridade”, manifestou a subdelegada..

Exit mobile version