En concreto, na provincia repartíronse 70 camas no Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Sarria; 24 na residencia de maiores de Burela; nove na da Milagrosa (Lugo); cinco na das Gándaras (Lugo), e tres na residencia de Monforte.
A distribución fíxose en dúas quendas e completouse o pasado venres coa entrega de máis da metade das novas camas do CAPD de Sarria e das residencias de Burela e A Milagrosa. Deste xeito, os centros lucenses contan xa co novo mobiliario asignado.
Esta medida de renovación afecta a 18 centros no conxunto de Galicia, nos que a Consellería de Política Social instalará 441 novas camas.