A dirixente socialista, estivo acompañada polos Alcaldes, voceiros, concelleiros, militantes e simpatizantes da Mariña. “O Grupo Socialista sempre estará ao carón dos traballadores para reivindicar un futuro económico estable na nosa Comarca, e hoxe unímonos a este berro unánime para reivindicar mellores servizos e dotacións en educación, sanidade e en infraestruturas e para reclamar un plan industrial que salve á Mariña. Estamos onde estivemos sempre, ao carón das traballadoras e traballadores deste país e loitando polo noso futuro”, sinalou Otero.
Alcaldes
Xunto coa Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE, Patricia Otero, asistirón tamén á manifestación os Alcaldes de Burela; Alfredo Llano; Valadouro, Edmundo Maseda; Alfoz, Jorge Val Díaz; Ourol, Jose Luís Pajón Camba; A Pontenova, Darío Campos Conde; Trabada, Mayra García Bermudez; Viveiro, María Loureiro, a segunda tenente de Alcalde de Barreiros, Mari Carmen Veiga, o coordinador comarcal da Mariña, Ramiro Fernández, así como concelleiros, voceiros e militantes e compañeiros de toda a Comarca.