Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Isabel Dopico, filla dun extraballador de Alcoa, consegue preto de 8.000 sinaturas contra o peche, en Change.org

 Lugo, 1 de Xuño de 2020. Ana Isabel Dopico, nada na Mariña e filla dun ex traballador da fábrica de Alcoa, crea unha petición en Change.org/ NoAlCierreDeAlcoa dirixida ao Ministerio de Industria para evitar o peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao, de cuxa produción depende a economía de de máis de 100.000 persoas da provincia.

Segundo a creadora de petición as instalacións que ameazan con botar o peche “facturan un terzo do PIB de Lugo. Alí traballan máis de 2000 persoas en postos directos e indirectos”. A pesar de que a pranta é unha das máis eficientes de Europa “pecha porque a tarifa eléctrica é cara en España en comparación con países da nosa contorna”, engade Ana Isabel na petición.

“É unha incidencia moi grande para Lugo pola proporción de habitantes que hai na provincia, máis grande incluso que outros casos como pode ser o peche de Nissan en Barcelona, por iso é tan importante que siga coa súa actividade”, engade a creadora de petición por teléfono, “o meu pai traballou durante anos alí por iso se o esencial que é o traballo que ofrece a planta para as familias dos arredores.”

Link coas sinaturas en tiempo real:

Change.org/NoAlCierreDeAlcoa

Exit mobile version