Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrancan os desbroces nas estradas da Deputación de Lugo

 Lugo, 1 de xuño de 2020. Tal e como avanzou o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, responsable da área de Xestión Territorial, á primeira hora deste luns, 1 de xuño, arrancaron os traballos de desbroce das estradas provinciais de maneira simultánea en todas as zonas nas que está dividida a rede viaria de titularidade da institución, que, con máis de 4.200 quilómetros, é a máis extensa de España e tres veces maior que a da Xunta en Lugo.

As tarefas, que comezan por primeira vez en moitos anos a primeiros de xuño, estarán rematadas a finais do mes que vén.

A roza das estradas da Deputación, que conta este ano cun orzamento de 750.000€, mellorará a seguridade viaria e a calidade e comodidade dos condutores, ademais de contribuír a prevención de incendios durante o verán.

As tarefas divídense en 24 zonas de actuación que inclúen todas as vías provinciais:
– Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
– Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.
– Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
– Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
– Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
– Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
– Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
– Zona 9: Lugo e Guntín.
– Zona 10: Castroverde e O Corgo.
– Zona 11: Friol.
– Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
– Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.
– Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 15: Becerreá e As Nogais.
– Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
– Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
– Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
– Zona 20: Taboada e O Saviñao.
– Zona 21: Chantada e Carballedo.
– Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
– Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
– Zona 24: Pantón e Sober.

Exit mobile version