Site icon Crónica3.com A Mariña

Casado pide a Sánchez que “coja el toro por los cuernos” e dea unha “solución de futuro” aos traballadores de Alcoa

 Lugo, 29 de xuño, 2020. O presidente nacional do PP visitou Lugo este luns. Pola mañá achegouse a unha explotación leiteira no Concello de Cospeito e acto seguido visitou o casco histórico de Mondoñedo, fíxoo acompañado da candidata provincial, Elena Candia e o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado.
Casado criticou que o presidente do Goberno non falase de nada de Galicia durante a súa visita electoral este sábado á comunidade: “No habló de Alcoa, Ence, As Pontes, Citroën o las conserveras. Entonces, ¿para qué viene a Galicia?”, pregúntase.
Lembra que o seu partido reuniuse en diversas ocasións co comité de empresa de Alcoa e que Alberto Núñez Feijóo pediu incorporar no programa electoral do PP un estatuto da industria electrointensiva.
Subliña que o único que pode dar unha solución de futuro a Alcoa é Sánchez e o seu Goberno. “Que no se oculten en los burladeros de lo que debe hacer la Xunta, que lleva años reuniéndose con ellos, o la oposición, que no somos quienes aprobamos los reales decretos en Consejo de Ministros”. Alberto Núñez Feijóo más no ha podido hacer. Ahora le toca el turno a Sánchez” sinala Casado, quen insiste en que as axudas dos fondos de reconstrución vaian á reconversión de Alcoa e que avoga por un custo da enerxía competitivo.
Reclama ao Executivo que nos fondos de recuperación europeos nos que o PP está a apoiar ao Goberno, non se prexudiquen as perspectivas da política agraria común para o próximos sete anos. Subliña que o PP, con Arias Cañete e García Tejerina, negociou “a cara de perro” o anterior marco financeiro plurianual, logrando 47.500 millóns de euros para os agricultores e gandeiros españois.
Casado eloxiou a xestión de Alberto Núñez Feijóo por adiantar as axudas ás explotacións agrícolas e gandeiras, poñer en marcha plans específicos para favorecer a incorporación de mulleres e mozas, e fomentar a especialización e tecnificación do sector. “El sector primario es para nosotros esencial. El PP es un partido que apuesta por lo rural y las pequeñas poblaciones y lo asociado a ellas, como la educación, la sanidad y los servicios sociales, porque lo españoles tienen derecho a vivir donde quieran”, sinala.
Destaca que Alberto Núñez Feijóo nunca defraudou aos galegos”, e valora, recoñece e agradece o seu labor ó fronte da Xunta. “Estoy convencido de que reunirá la confianza mayoritaria de los gallegos”, conclúe

Exit mobile version