Site icon Crónica3.com A Mariña

Castiñeira: “O goberno do PP de Foz igual que o anterior do PSOE non pagaba os gastos do selectivo por ter informes negativos de intervención”

 Foz, a 4 de xuño de 2020. Ante as afirmacións torticeiras e manipuladas do goberno Psoe-Bng respecto á débeda polos gastos da selectividade ao Concello de Viveiro queremos aclarar varias cousas.

Primeiro: Que a débeda está baseada nun convenio que intervención entende que non ten validez por ser un servizo que non é competencia do Concello e as facturas presentadas polo concello de viveiro sempre foron reparadas pola intervencion que entende non son legais. Nun sentido xenérico o que se esgrimía é que o Concello de Foz non pode pagar facturas a outro Concello por un servizo que non é da súa competencia.

Segundo:Que a débeda existente non so é do goberno popular que estimaba que non se podía levantar ese reparo e o comunicou insistentemente ao Concello de Viveiro, senón tamén do anterior goberno socialista que facía exactamente o mesmo.

E Terceiro: Se o bipartito quere facer ese pago será incumprindo os informes de intervención incluindo o expediente nun recoñecemento extraxudicial de 635.000 que leva ao pleno e que precisamente Psoe e BNG nos últimos anos votou en contra precisamente por ter reparos de intervención.

A xestión económica popular nestes anos é intachable e exemplar, non así as do último goberno socialista de Rivera. Proba delo é que se o goberno actual vai pagar esa débeda omitindo o informe dos técnicos é porque quedaron 4 millóns de euros de remanente e depositados nas contas bancarias do Concello de Foz, 8 veces máis (según as actas de arqueo) que o que recibeu o PP no 2011, pola contra o endebedamento que recibiu o Bipartito focense son 8 veces menos que o que recibiu o PP no 2011.

Dicímoslle ao bipartito que empece a traballar e faga algo e se deixe do postureo sanchista pouco beneficioso para os veciños de Foz, posto que despois de un ano o único que fixeron foron obras xestionadas polo PP de Foz no anterior goberno que pertencían ao Plan Único 2019 ou aos orzamentos tamén do ano 2019 que eles mesmos votaron en contra.

Exit mobile version