Site icon Crónica3.com A Mariña

CCA Burela continúa a campaña “Xogando Xuntos” coa que está a dinamizar o comercio virtualmente e Celebra as “Festas Patronais de Burela”

 Burela, 1 de xuño, 2020. O Centro Comercial Aberto de Burela continúa este luns a campaña Xogando Xuntos, facendo dúas accións en torno as Festas de Burela.
Esta semana continuamos con Xogando Xuntos, visto o éxito que están tendo as entregas dos nosos sorteos nas redes sociais de CCA Burela. Desta aumentamos o premio e sortearemos 300€ en vales de compra. Para participar os clientes poden mandar unha foto de compras, de consumicions ou de servizos contratados nos nosos establecementos asociados. Tamén teñen que mandar a foto do ticket de compra ata o martes 9.
Como vén sendo habitual subiremos as fotos (non os tickets, claro) ás nosas redes e faremos o sorteo o mércores 10.
Tamén queremos que a xente vaia facendo fotos de como van ir celebrando as festas, para que as mande, non para esta semana, senón a partir do día 10 de xuño. Así que aínda queda corda para rato.

Exit mobile version