Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da plataforma das auxiliares de Alcoa

 Cervo, 18 de Xuño de 2020. Dende a plataforma coordinadora de auxiliares debido ao anuncio do pasado Xoves 17 de Xuño por parte de Alcoa, de comezar o trámite legal do ERE que se prevé levará ao peche da factoría de Aluminio en San Cibrao, creemos que é o momento de buscar unha fronte común non só dos traballadores, senón extendido ás propias direccións das empresas auxiliares.

Nesta liña, nos próximos días convocaremos a unha reunión ás direccións das empresas para artellar o traballo común.

Pedimos ás direccións das empresas auxiliares se sumen ás nosas reivindicacións, que non son outras que buscar un futuro para a industria auxiliar de Alcoa San Cibrao. Así como implicar ás administracións competentes, Xunta de Galicia e Goberno Central na problemática actual e diferenciadora da industria auxiliar de San Cibrao.

Por outra banda dende a plataforma coordinadora seguimos solicitando o apoio, como ata o de agora se veu facendo, de todos os traballadores/as das auxiliares ás mobilizacións convocadas polo comité de Alcoa, polos sindicatos ou polas nosas propias, así como a asistencia as asembleas que se realizan cada venres na entrada da factoría, xa que as reivindicacións de esas mobilizacións son conxuntas e implican a todas as partes neste conflicto.

Exit mobile version