Site icon Crónica3.com A Mariña

Ese venres retómanse as visitas presenciais no Museo do Mar e no resto da Rede provincial

 Lugo, 25 de xuño de 2020. A Rede Museística Provincial e a Capela de Santa María -dependente do Centro de Artesanía e Deseño- retoman as visitas presenciais mañá venres.

Rede Museística Provincial

O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Pazo de Tor e a Fortaleza de San Paio de Narla volverán recibir visitantes tras implementar os protocolos e medidas necesarias para garantir a saúde colectiva dentro dos espazos expositivos.

O uso de máscara será obrigatorio para todas as persoas que accedan aos museos, que contan con dispensadores de solucións hidroalcólica á entrada e á saída, para facilitar a hixiene de mans.

No interior, sinalizáronse itinerarios de forma que os visitantes farán percorridos pensados para que poidan ver as coleccións e exposicións mantendo a distancia interpersoal de 2 metros. O persoal do museo estará pendente de facer as recomendacións necesarias neste sentido, contando tamén coa responsabilidade individual para o seu cumprimento.

Capela de Santa María

Tamén reabre ao público a Capela de Santa María, onde se poderá volver visitar a exposición “Tecer para crer”, inaugurada na semana antes á alerta sanitaria pola Covid 19. A mostra, que reúne colchas e textiles elaborados por mulleres pioneiras nos oficios do tecido, seguirá lucindo na Capela ata o vindeiro 30 de agosto.

Exit mobile version