Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado tivo lugar en Ribadeo un curso de soldadura con electrodo. Foi organizado por Apaga e tratouse da primeira actividade presencial tras a pandemia do Covid-19

A cita desenvolveuse no Centro de Formación Pedro Murias cumprindo con todas as medidas de seguridade e os aforos permitidos. Asistiron unha ducia de alumnos e alumnas. O vindeiro curso será o próximo sábado, 27 de xuño, e versará sobre soldadura MIG/MAG. E o 4 de xullo celebrarase un curso sobre soldadura TIG.

Exit mobile version