Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. O Concello de Burela súmase á campaña Desplastifícate de Sogama

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “dende a Delegación de Medio Ambiente unímonos á campaña que acaba de poñer en marcha Sogama Desplastifícate: di non aos plásticos de usar e tirar, xa que nos parece de vital importancia reducir o consumo de produtos envasados e dos produtos de plástico de usar e tirar”. A edil dixo que “o 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e qué mellor maneira para coidar o medio ambiente que seguir estes sinxelos xestos no noso día a día, polo que invitamos a todos os veciños e veciñas a unirse nesta causa”.

Exit mobile version