Site icon Crónica3.com A Mariña

HOAC e Cáritas da Diócese Mondoñedo-Ferrol apoian á clase traballadora de Alcoa

 Ferrol, 7 de xuño de 2020. Tras o anuncio de despedimento de 534 traballadores e traballadoras da Planta de Alcoa en San Cibrao, municipios de Cervo e Xove, e outros 300 empregos indirectos de empresas auxiliares, as organizacións diocesanas que conformamos a iniciativa Iglesia polo Traballo Decente na nosa diocese, HOAC e Cáritas, queremos solidarizarnos con todas as familias que están a ver ameazado o seu medio de vida de forma directa ou indirecta por esta decisión totalmente inxusta.
A realidade do mundo obreiro que xorde tras esta crise da COVID-19 parece
manifestarse novamente coa rotura da cadea polo seu elo máis débil, o dos
traballadores e traballadoras, que ven como movementos especulativos e razóns que nada teñen que ver coas leis da oferta e a demanda tiran por terra os seus proxectos de vida e a dignidade que proporciona a posibilidade de dispoñer dun traballo decente.
Se algo nos ensinou esta situación que estamos a padecer é que non podemos
prescindir daqueles sectores estratéxicos que garanten o abastecemento de
determinados produtos e servizos esenciais ante calquera continxencia, esixindo que por parte dos poderes públicos se dispoñan os medios para contrarrestar os fenómenos de deslocalización da produción que arrebatan do lexítimo dereito ao traballo a unha parte da humanidade, á vez que garantan procesos de mellora continua para avanzar cara a unha economía circular de alto valor engadido compatible cun adecuado coidado da creación.
Sumámonos así ás súas demandas lembrando aquelas palabras que un día expresou o Papa Francisco ante unha situación similar: «unha empresa que despide para salvarse non é unha solución. Máis que despedir, hai que acoller e facer sentir que existe unha sociedade solidaria”, e solicitamos a os poderes públicos que poñan ás persoas no centro do conflito con criterios de xustiza social, para atopar a restitución da plena actividade da empresa, co rexeitamento daquelas decisións que só serven para enriquecer, aínda máis, a quen de forma permanente utilízaos como coartada.
Que o Obreiro de Nazaret vos guíe na vosa loita

Exit mobile version