Site icon Crónica3.com A Mariña

Industria esixe a Alcoa que xustifique que cumpre os requisitos de mantemento do emprego, necesarios para recibir as axudas por CO2

 Madrid, 24 de xuño, 2020. Na resposta á interpelación presentada polo Bloque Nacionalista Galego durante a sesión de control ao Goberno celebrada hoxe no Congreso dos Deputados, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, reafirmou o compromiso “firme y decidido” del Ejecutivo con Galicia y con la industria gallega: “Este Gobierno no se ha puesto de perfil. Al contrario, hemos mantenido siempre una actitud de diálogo y proactividad a fin de encontrar soluciones viables para mantener las capacidades industriales y el empleo”.

Reyes Maroto enumerou as actuacións levadas a cabo polo Ministerio en apoio ao sector naval galego, con exemplos como a intervención para resolver a crise do estaleiro HJBarreras ou a adxudicación do contrato de cinco fragatas F-110 a Navantia Ferrol.“Ante problemas industriales en Galicia, soluciones del Gobierno de España”, dixo. Tamén achegou os datos do plan de reindustrialización, que permitiu mobilizar desde 2013 máis de 204 millóns de euros. En canto a axudas ao CO2 mobilizáronse máis de 66 millóns de euros, dos cales o ano pasado investíronse 42 millóns. Por último, a ministra lembrou o apoio a autónomos e emprendedores a través de 205 préstamos participativos de ENISA por importe de 52,3 millóns de euros.

Alcoa

En relación coa situación da planta de Alcoa en San Cibrao, a ministra explicou que o Ministerio requiriu á empresa que xustifique que cumpre os requisitos de mantemento do emprego, necesarios para poder recibir as axudas por CO2, establecidos no artigo 5 (‘Obrigacións dos beneficiarios de axudas á industria electrointensiva’) da Real Decreto-lei 20/2018, do 7 de decembro, de medidas urxentes para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio en España: “Las ayudas de CO2 están condicionadas a que la empresa mantenga los puestos de trabajo durante tres años, por lo tanto exigimos a Alcoa que justifique el cumplimiento de esos compromisos, y en su caso, le vamos a exigir las devoluciones de las ayudas”.

En relación coa celebración na tarde de onte da Mesa de Traballo multilateral, á que asistiron as administracións central e autonómica, os sindicatos de Galicia e o comité de empresa da planta, precisou que “Alcoa es el enemigo, y lamento que ayer la Xunta se alineara con Alcoa de forma muy clara contra el Gobierno, dando oxígeno a la empresa para que esos puestos de trabajo se pierdan”.

Á pregunta do deputado de VOX José María Figaredo, Reyes Maroto deixou claro que “hemos trabajado para presentar un plan industrial, y Alcoa nos dijo ayer que no quiere ese plan industrial, que no quieren seguir en A Mariña. Y la vez que nos dice que no quieren un plan industrial, nos piden 38,4 millones de euros por compensación de CO2. Eso es Alcoa: Subvenciones, subvenciones, subvenciones, y no un proyecto industrial y proteger a los trabajadores”.

Exit mobile version