Site icon Crónica3.com A Mariña

Marcha reivindicativa en Xove a favor da continuidade da industria do aluminio

 Xove, 4 de xuño, 2020. O comercio e as empresas do Concello de Xove animan a toda a Mariña a asistir a unha marcha reivindictiva a favor da continuidade da industria do aluminio como principal motor económico da nosa Comarca. Unha alta porcentaxe da nosa poboación vive, directa ou indirectamente, do sector do aluminio, de aí a importancia que ten para todos nós a continuidade da súa producción.

A convocatoria é para este sábado, 6 de xuño, con saída ás 13.00 horas dende a entrada de Xove (á altura de establecementos Rey), discorrindo pola avenida Deputación (en dirección á Burela) ata chegar á rotonda de Beltrán (Estrada LU-862).

Previamente, sobre as 12:50 horas, un nutrido grupo de vehículos de empresas establecidas en Xove van sair dende o Polígono Industrial de Camba ata chegar ao inicio da marcha para acompañala.

A organización pide que tódolos participantes vaian vestidos de negro, ou que polo menos leven unha camisa ou camiseta desa cor.

En canto ao tráfico, durante a duración da marcha vaise cortar o tramo da estrada LU-862 dende a Rotonda de Parceiros ata a rotonda de Beltrán, en ámbalos dous sentidos.

Exit mobile version