Segundo a información facilitada, a veciña afectada viña empregando todas as medidas de hixiene e seguridade establecidas, tanto na súa vida persoal como laboral; ademais, xa informou ás autoridades sanitarias das persoas coas mantivera contacto. En principio, parece que o brote xurdiu no ámbito familiar, pero xa se están realizando as probas a todas aquelas persoas que se considera que puideron estar en contacto.
Ante esta situación, dende esta alcaldía quérese facer un chamamento a tranquilidade, pero lembrando sempre a necesidade de non baixar a garda e manter todas as medidas de protección establecidas, utilizando a mascarilla sempre que non sexa posible manter a distancia social, así como todas as demais medidas establecidas para preservar a seguridade e saúde pública. Esta petición para extremar as precaucións faise extensible, así mesmo, a todas aquelas persoas que chegan ao noso municipio chegadas de fóra.
En definitiva, debemos estar tranquilos, pero sen esquecer que nos atopamos nunha crise sanitaria na que debemos cumprir estritamente coas medidas e restricións establecidas polas autoridades competentes, recomendado o uso de mascarilla sempre e sobre todo cando non se poida manter a distancia de 1,5 metros, sobre todo en espazos pechados; extremar a hixiene de mans utilizando xel hidroalcohólico, etc.