Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela anima a participar escalonadamente nos actos que se celebrarán esta fin de semana en homenaxe ás xentes do mar

 Burela, 5 de xuño de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, anima á xente a participar de xeito escalonado e controlado nos actos que se celebrarán esta fin de semana para render homenaxe ás xentes do mar e aos veciños e veciñas de Burela. O rexedor recoñece o comportamento exemplar da veciñanza durante o estado de alarma ocasionado polo Covid-19, o que fixo que a vila non se vise practicamente afectada por esta pandemia.
O alcalde anima “aos veciños e veciñas que van facer as alfombras deste ano e que mañá, sábado, estarán pola mañá na praza do Concello, a partir das nove e media. Quero animar aos veciños a que veñan escalonadamente a ver este traballo que vai facer a comisión das alfombras florais de Burela. O domingo imos facer unha misa na honra á Virxe do Carme, ás doce e media, despois iremos ao barco museo a cantar a salve mariñeira, sobre a unha e cuarto, e unha vez cantada a salve haberá unha descarga simbólica de foguetes para lembrar un pouco a festa”.
Alfredo Llano agradece “a todos os veciños e veciñas o seu comportamento. A falta de festas este ano ven motivada polas causas que sabemos, pero tamén hai que presumir do extraordinario civismo da veciñanza de Burela que soubo estar á altura e penso que vai sentir de forma solidaria non ter as festas pero quere compartir o sentimento coa xente do mar, e que sexa unha boa costeira do bonito. Agardamos que para o ano que ven todos o poidamos vivir. Agradecer a todo o mundo e se alguén quere participar nalgunha actividade que estamos programando, dentro do ámbito normativo que agora existe, é un pracer contar con todos eles”.
O vindeiro luns, 8 de xuño, é festivo local en Burela.

Exit mobile version