Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de foz aclara ao portavoz do PP que as obras que critica son de limpeza dun vial municipal en Marzán

 Foz, 30 de xuño de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclara ao portavoz do Partido Popular que as obras que critica son de limpeza dun vial municipal en Marzán.

O rexedor municipal explica que “o Partido Popular e o seu portavoz están chegando ao absurdo na política local. A última denuncia que fai o PP de Foz a través da prensa é por desbrozar o vial 1C.1.0416, no barrio de Marzán, un camiño con firme de terra de titularidade municipal que non se limpou dende hai moitos anos e que desemboca na estrada LU-P-2011, da Deputación de Lugo, onde está sacada a foto.

Fran Cajoto cre que “o portavoz do Partido Popular está descubrindo camiños que non sabía que existían”.

Exit mobile version