Logo dunha moción moi debatida, onde ningún do resto de partidos da corporación municipal aceptaba o punto de non pendurar propaganda electoral das farolas do concello, dende o BNG decidimos excluílo da moción para que polo menos saíse aprobado o resto, e poder minimizar así a gran parte de contaminación electoral “colada” en Viveiro. Resultando poder colocar propaganda electoral únicamente en dous sitios, nas luminarias do concello e nos taboleiros habilitados para tal fin.
Desde o BNG comprometémonos a cumplir co acordado de declarar Viveiro libre de contaminación electoral, agardando que desta volta respecten TODOS os partidos políticos a moción e non como ocorreu en pasadas convocatorias.