Xusto un ano antes xurdía o colectivo de enfermeiras en loita que mais que nunca debe ser recoñecido. Por que, por riba do descenso dos recursos do sistema, o mais duro e a precarización das suas traballadoras especialmente no colectivo de diplomadas en enfermería. Este colectivo de mulleres e homes que coidaron das doentes de COVID 19 manténse en precario mesmo despois de ter sido clave na axuda a salvar vidas durante estas semanas de pandemia. Moitas sufriron a contratación irresponsable por parte dos diferentes departamentos de Recursos Humanos do SERGAS, poñendo en risco, tanto a pacientes como a profesionais. Con situacións incomprensibles, como ofrecer contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización onde se atopaban casos positivos de COVID-19 e despois continuar noutras nos que se atopan pacientes de maior risco.
Durante a pandemia unhas foron despedidas despois de infectarse durante os coidados, nunha medida miserable do SERGAS. Outras, ven agora como o SERGAS vulnera novamente os seus dereitos, sen ter en conta o Pacto de Selección temporal,sen respetar a orde da lista pública, existindo traballadoras que estiveron en unidades COVID quedando en situación de discriminación. Sufriron a contratación por días, semanas ou quincenas durante o mes de Marzo e Abril, pero non obtiveron a prórroga do seu contrato como si se fixo a persoal en números inferiores e mesmo inscrito en listas paralelas, estas últimas sen publicación oficial. A orde de prórroga (non publicada na páxina do SERGAS nin aportada ás traballadoras) realizada polos Servizos Centrais do Servizo Galego de Saúde, deixa a estas profesionais en situación de desemprego. Manteñense prácticas xa habituais do sistema case esclavista do SERGAS realizando cambios de xeito continuo na carteleira e coñecendo a mesma o día antes de comezar o contrato. O colectivo solicita:
1. Loitar contra a Precariedade laboral instaurada no ámbito de enfermería.
2. Defender a Sanidade Pública, Universal e de Calidade
3. Avanzar no recoñecemento da Enfermaría como disciplina autónoma.
Así o Grupo Municipal do BNG propón ao pleno do Concello de Foz apoiar as reivindicacións do colectivo de Enfermeiras eventuais en loita, instar ao SERGAS e a Xunta de Galiza a mellora das lamentables condicións laborais coas que presiona e condiciona o seu traballo, e por último a poñer fin a precariedade e a falta de recoñecemento deste colectivo, cerne do Sistema público de Saúde da Galiza.