Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCCHV mantivo unha reunión informativa coa Alcaldesa de Viveiro e a Concelleira de Comercio para analizar o estado do tecido comercial e empresarial no primeiro mes tralo confinamento

 Viveiro, 17 de xuño, 2020. A presidenta do CCCHV, Dolores Pérez Santos, trasladoulles algunhas das inquedanzas do colectivo, os desafíos no curto-medio prazo así como os plans para a dixitalización nos que están a traballar actualmente.

A situación da Multinacional Alcoa tamén estivo presente no encontro, desde a asociación fíxose unha proposta de colaboración ao Concello de Viveiro para traballar conxuntamente na reactivación do tecido empresarial e da cultura emprendedora do municipio, que foi moi ben acollida por parte da alcaldesa e da concelleira de comercio.

A presidenta valorou moi positivamente o encontro xa que sirve para fortalecer os nexos coa concellaría de comercio, mellorar a comunicación entre os comerciantes e o concello e, sobretodo, para fixar as bases do traballo conxunto que se vai a realizar a medio longo prazo para recuperar o liderazgo emprendedor de Viveiro.

Exit mobile version