Site icon Crónica3.com A Mariña

Multitudinaria manifestación en Burela. Hoxe nova xuntanza da mesa multilateral, ás 18h

Burela, 22 de xuño, 2020. Milleiros de persoas, máis de 15.000, percorreron Burela en defensa da comarca. Os sindicatos convocaron esta manifestación co lema de Polo futuro para A Mariña. Pediuse a intervención de Alcoa e aprobación do estatuto de electrointensivas. Este martes celébrase por videoconferencia unha nova xuntanza da mesa multilateral, co Ministerio, Xunta, empresa e sindicatos. O xoves o comité convoca unha concentración diante do goberno civil ás 12h. O domingo haberá marcha ata a capital da provinicia.

A Mariña sálvase loitando!

Exit mobile version