Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz anuncia a cancelación do Mercado Medieval 2020

 Alfoz, 3 de xuño de 2020. O Concello de Alfoz toma a decisión de cancelar o Mercado Medieval 2020, festa de recreación histórica prevista para o terceiro fin de semana do mes de xullo, para garantir o cumprimento dos protocolos de prevención de contaxio da Covid-19.

Nestes protocolos recoméndanse medidas de limitación de aforo e distanciamento social que nun evento das características do Mercado Medieval de Alfoz, cita na que se xuntan artesáns, gastronomía, representacións… que achega a un gran número de persoas cada ano, fai difícil respetar o cumprimento de todas as recomendacións e garantir así a saúde pública de veciños e visitantes.

Dende as concellerias de Cultura e Igualdade estase a traballar para reforzar a programación cultural a partir do mes de xullo e ofrecer actividades musicais, teatro, obradoiros… cumprindo as normas recomendadas de prevención contra a Covid-19.

Exit mobile version