Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá decidiu suspender a XXX edición da Festa da Faba, prevista para a primeira fin de semana de outubro

 Lourenzá, 27 de xuño de 2020. Nunha reunión celebrada este pasado xoves, na que participaron a alcaldesa, Rocío López, membros do equipo de goberno e representantes dos fabeiros de Lourenzá, acordouse suspender a XXX Festa da Faba, que se ía celebrar na primeira fin de semana de outubro.
A rexedora municipal laurentina explica que “foi unha decisión moi difícil de tomar porque esta ía ser unha edición especial ao cumprírense os 30 anos da súa celebración, pero vista a evolución da pandemia do Covid-19, os rebrotes que se están a producir e a incerteza do que poda pasar no outono fíxonos tomar esta dolorosa medida, xa que non se podería garantir a seguridade dos numerosos visitantes que acoden a esta importante cita gastronómica”.
Rocío López comentou tamén que “o concurso para escoller o cartel anunciador segue adiante. Falaremos co autor ou autora do traballo gañador para que a súa obra quede para anunciar a próxima edición”.

Exit mobile version