Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro agradece publicamente aos propietarios do establecemento Grafity a doazón dun cañón de ozono, que sirve para a limpeza e desinfección de todo tipo de ambientes

Esta máquina será de gran utilidade, sobre todo tendo en conta a situación actual, para a eliminación de virus como o COVID-19. Os titulares de Grafity entregaron este cañón de ozono á alcaldesa, María Loureiro, nunha xuntanza que tivo lugar este luns, na casa do concello.

Exit mobile version