Antes da declaración do Estado de Alarma, o Concello de Viveiro solicitara á Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a ampliación horaria para diferentes festividades do 1º semestre do ano (Ponte de San Xosé, Semana Santa, Ponte do 1 de maio e San Xoán).
Unha vez finalizado o estado de alarma e as prórrogas decretadas para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que non permitiu autorizar a ampliación do horario solicitado para as datas comprendidas nese período, vén de resolverse a autorización que permite a ampliación na noite de San Xoan.