
Con esta iniciativa, preténdese dar visibilidade a esta enfermidade e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico. En 2019, 210 municipios das diferentes comunidades autónomas participaron iluminado de verde 305 monumentos de toda España; Viveiro únese a esta actividade en apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que “A ELA existe”.