Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente recibe a 19 funcionarias e funcionarios interinos que toman posesión dos seus postos

José Tomé deu a benvida aos empregados públicos desexándolles unha carreira profesional de éxito, e remarcoulles a importancia de manter un compromiso coa entidade pública e en consecuencia con toda a cidadanía. Durante o acto, no que os traballadores asinaron os seus contratos laborais, o Presidente estivo acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, da Secretaria Xeral da Deputación, María Esther Álvarez Martínez, e do Xefe de Servizo de Recursos Humanos, Manuel García Mel.

Exit mobile version