Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario xeral de Industria insta a Alcoa a que dea unha solución industrial e deixe paso a outras empresas se non ten un plan para a planta da Mariña

 Madrid, 9 de xuño, 2020. O secretario xeral de Industria e da Peme, Raúl Blanco, insistiu hoxe na necesidade de manter a unidade de actuación para manter as capacidades produtivas e o emprego na planta de Alcoa en San Cibrao, e instou á dirección de Alcoa a que aclare o seu plan industrial.

Na reunión telemática da Mesa Multilateral de Alcoa San Cibrao -na que participou a Xunta de Galicia, as federacións autonómicas de industria de UXT, CCOO e CIG, e o comité de empresa da planta-, Blanco reiterou o compromiso do Goberno tanto para o mantemento da produción de aluminio primario como coas industrias electrointensivas e hiperelectrointensivas.

Con todo, deixou claro que, se Alcoa non presenta un plan industrial, deixe paso a outras empresas interesadas en operar na planta da Mariña: “Non queremos unha morte por capítulos, queremos coñecer os plans de Alcoa, as administracións estamos dispostas a apoiar o mantemento da actividade”, sinalou Blanco; “pero se non teñen un plan industrial, e queren pechar en España, en Europa e en Estados Unidos para centrarse noutros proxectos, que deixen paso. Lugo, Galicia e España dinllo”.

Así mesmo, lembrou que Alcoa San Cibrao recibiu 693 M€ (132 M € por interrumpibilidad e CO2) desde 2011, e que desde 2009 non presentou ao Goberno de España petición algunha de apoio para plans de investimento ou á innovación industrial.

Exit mobile version