“Precisamos unha sanidade forte e con recursos económicos e humanos, o que garantirá ás galegas e galegos poder gozar dun dereito universal como é o dereito á saúde”, declarou Olalla Rodil, que engadiu, “a partir do 12 de xullo desde o BNG comprometémonos a traballar para fortalecer os servizos públicos galegos”. A este respecto, Rodil declarou o compromiso do BNG de convocar as 6.000 prazas vacantes no Servizo Galego de Saúde. Segundo Olalla Rodil, “non podemos volver recortar en servizos públicos, o que supón unha perda de dereitos fundamentais para o conxunto do pobo galego”.
Olalla Rodil declarou que “sorprende que o candidato do Partido Popular fale de recuperar o persoal perdido pola taxa de reposición, que foi imposta polo seu partido no ano 2011 desde o goberno do estado”. “Isto impide contar cos recursos humanos necesarios nos servizos públicos galegos para garantir á poboación dereitos básicos como son a sanidade ou a educación”.